jueves, 8 de septiembre de 2011

O Ministerio de Sanidade inclúe entre o seu catálogo de boas prácticas á UNED Sénior da comarca


O Ministerio de Sanidade inclúe entre o seu catálogo de boas prácticas á UNED Sénior da comarca



Clausura do curso 2010-2011 da Uned Sénior


O Ministerio de Sanidade incluíu no seu catálogo de boas prácticas no rural tres iniciativas desenvoltas en Galicia. Entre elas atópase a Uned Sénior coordinada polo párroco do Xestoso, Luís Rodríguez Patiño.



A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) abarca os concellos de Monfero, Aranga, Irixoa e Xermade (Lugo), así como Paderne e Guitiriz (Lugo). Nesta iniciativa participan persoas maiores de 55 anos que viven no rural, en zonas normalmente moi dispersas.


O Goberno Central destaca tamén outra iniciativa do párroco do Xestoso, O Consello de Anciáns, que empezou a funcionar no 2000 e que foi pioneiro en España. O centro asociado da Uned na Coruña comezou a colaborar co Consello de Anciáns e a iniciativa contribuíu a que no curso 2008-2009 a Uned buscase a colaboración do consello para poñer en marcha, de forma experimental, a Uned Sénior.

O representantes dos seis concellos que integran a Uned Sénior, incluído a recente incorporación de Pontedeume, manterán unha xuntanza o 15 de setembro para activar o próximo curso académico. Ofrecer unha formación continua sobre diversos temas aos maiores para mellorar a súa calidade de vida; favorecer a comunicación mediante o fomento de relacións interpersoais e entre xeracións; ofrecer un espazo de intercambio de coñecementos; dinamizar o medio rural; ademais de coñecer mellor as posibilidades sociais e culturais que existen no medio rural son algúns dos obxectivos da Uned Sénior que ao longo do curso realiza tamén innumerables excursións culturais e cursos.

A matrícula da Uned Sénior é moi asequible, ademais a Deputación, a Xunta e os Concellos colaboran no financiamento da iniciativa.

No hay comentarios: